Trece anos de Branca / Agustín Fernández Paz
por Fernández Paz, Agustín [autor/a]
.
Tipo: Este rexistro ten moitos ítems físicos (52). Faga clic aquí para velos todos.
Premio Edebé de Literatura Xuvenil 1994
Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio, o seu primeiro amor… son escenas que van xurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.
1º-2º ESO