Fuga e retorno de Adrián Solovio : sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista / Ramón Villares
por Villares, Ramón
; Castelao
; FundacioÌn Otero Pedrayo
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES Concepción Arenal Departamento | 869.9Otero VIL fug | 1 | Dispoñible | Departamento de Galego | CED060000024445 |
|
Velaquí a construción dun pensamento. Tamén unha maneira de explicar ou intentar comprender o mundo. Cada xeración tende a construílo á súa maneira.
O historiador Ramón Villares ingresou na Real Academia Galega (2006) cun discurso sobre a figura de Adrián Solovio, o protagonista de Arredor de si (1930), novela que se considera referencia histórica, símbolo e crónica do grupo xeracional ao que pertencen Castelao, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, o propio Otero Pedrayo, e que denominamos xeración Nós, profundamente europeísta e, ao mesmo tempo, configuradora do discurso da Galicia moderna, tanto cultural como políticamente.
O presente ensaio fundaméntase no discurso de ingreso do novo académico, mais con algunhas engádegas e observacións que o enriquecen. Ramón Villares esmiuza, documenta e contextualiza algunhas das claves do pensamento galeguista moderno, prestando especial atención á figura de Ramón Otero Pedrayo, co que dialoga a tavés das páxinas de Arredor de si.
Formación Profesional